_
_
_
_
Luces

As memorias de María Casares, por primeira vez en galego

A primeira versión en galego das memorias de María Casares sairá á luz a mediados de marzo. Baixo o título Residente Privilexiada, a editorial Trifolium publicará a autobiografía da actriz galega dentro da colección Contextos. A tradución, a cargo de Ana Belén Martínez Delgado, realizouse directamente dende o francés, lingua na que se publicou orixinariamente o libro no ano 1980.

María Casares (A Coruña, 1922 - Alloue, Francia, 1996) percorre a súa vida a través das máis de 500 páxinas de Residente Privilexiada. A actriz aborda dende unha perspectiva intimista a súa complexa personalidade, e a doutras persoas que a acompañaron ó longo da súa carreira. Pola obra desfilan actores como Gérard Philippe, Jean- Louis Barrault e Jean Vilar ou escritores como Philippe Claudel e Jean Genet. Un dos protagonistas das memorias é o dramaturgo Albert Camus, amante da artista durante longos anos.

Filla de Santiago Casares Quiroga, o último presidente da República, a actriz exiliouse en Francia coa súa familia tras o estoupido da Guerra Civil. Nunca quixo regresar a Galicia. Como explica na súa autobiografía, a súa herdanza cultural foi "o gusto pola natureza, o poder da concentración e da imaxinación, o gusto polos universos poéticos, un carácter forte...". No país veciño comezou a interesarse polo teatro, a pesar do seu escaso dominio do idioma. Debutou sobre o escenario en 1942, coa representación de Deirdre des douleurs, do irlandés John Millington Singer. Pero a súa consagración chegou co papel protagonista na primeira obra de Camus, O Malentendido.

A actuación sempre foi o eixo central da súa existencia, e isto queda patente nas súas memorias: "A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España refuxiada. Solteira, a miña profesión é o exercicio da arte dramática". Un papel secundario na película Os nenos do paraíso, de Marcel Carné, supuxo o seu salto ó cinema, e pouco despois -en 1944- protagonizou As damas do bosque de Boloña, de Robert Bresson. Con apenas vinte anos, a actriz comeza a acadar fama en todo París, para converterse co tempo nunha celebridade en Francia. Foi alí onde desenvolveu integramente a súa carreira profesional, dentro dun universo cultural alleo ó propio no que se convertiu, nas súas propias palabras, nunha "residente privilexiada".

O libro de memorias presentarase o vindeiro 11 de marzo nas instalacións do CGAI, en A Coruña, coincidindo coa celebraciónna cidade dun congreso sobre o exilio galego. O acto completarase coa proxección de varios filmes protagonizados pola actriz galega.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_