_
_
_
_
LUCES

Literatura, historia e vida

Non houbo “dúas Españas”, houbo unha España criminal que exterminou a parte dos seus habitantes

Hai unha semana acudiron a Santiago tres escritores desde Vigo, Barcelona e Nova York recolleren o premio literario Arcebispo San Clemente. Un premio da cultura galega que, como adoito, nace da iniciativa particular dunhas poucas persoas, nomeadamente Ubaldo Rueda. A nosa cultura, desasistida, descansa en nós; máis desvalida arestora que nunca.

Unha escritora e dous escritores, tres maneiras distintas de destilar literatura. O libro de Xulia Alonso implícaa directamente, a relación entre literatura e vida é total e o froito do autocoñecemento. En escribindo Futuro imperfecto (Galaxia, 2011) coñeceu quen ela era para contalo. Colm Tóibín, un deses irlandeses tan familiares, escribiu Brooklyn (Lumen, 2010) para saber quen é a súa xente, o mundo dos emigrantes pobres irlandeses, ao cal sinte pertencer; tamén esa obra implica ao autor, tamén trata da identidade do escritor. Eduardo Mendoza escribiu Riña de gatos (Planeta, 2010) para iluminar á súa maneira un “episodio nacional”, a fragua da Guerra Civil española. Aí puxo distancia polo medio, para ter a perspectiva pretendida o autor imaxinou a un xove inglés recén chegado ao Madrid do 36. Como La verdad sobre el caso Savolta e outros libros seus, proporciona os praceres da lectura de novela e aguantará o paso do tempo. Como novela histórica que é, pretende construir a memoria nacional; danos unha interpretación de como rebentou aquel abceso de violencia que foi a guerra, un trauma que aínda hoxe nos abruma. E aí, na interpretación da orixe do conflicto, non podo estar de acordo co autor.

Pola novela transita José Antonio Primo de Rivera, de quen chegou a nós unha imaxe tan banal e lene como unha folla de papel. Se Pepín Bello, testemuña da xeración de universitarios da Residencia de Estudiantes madrileña, escribise o que sabía daquel mozo cambiaría totalmente a nosa idea sobre el. E faríase máis ambigua e confusa aínda. Naquela Europa as ideoloxías radicais e totalitarias encarnaban na xuventude para realizarse violentamente, mais se lle damos tanta importancia a aquel mundiño de intelectuais burgueses faremos unha análise moi superficial. Naquel tempo a xuventude intelectual movíanse aos tombos do fascismo ao comunismo e viceversa, porén iso non explica a guerra, como ben leva demostrado o traballo riguroso dos historiadores nos últimos anos: houbo complots sucesivos e continuados para un golpe de estado desde o advenimento da República. Tampouco é certo que Franco dubidase. O golpe do 36 foi a realización dun plan firme no que participaron a Igrexa, a oligarquía e a metade do Exército, especialmente os mandos intermedios e os xenerais africanistas.

Cando escribín Home sen nome (Xerais, 2006) preguntei aos historiadores que baixaron ao pozo negro do noso pasado (Dionisio Pereira, obrigado. Emilio Grandío, obrigado tamén e adiante con esa investigación penosa). Interpelei tamén aos asasinados. Non había dúbida, non houbo “dúas Españas”, houbo unha España criminal, a dos xenerais nacionalistas, que exterminou a unha parte dos seus habitantes. Comprobei como na miña cidade e en cada cidade e vila existía ese plan criminal latente; non hai verdade ningunha na equidistancia. Houbo uns culpabeis daquela, do mesmo modo que agora é o capital especulativo e non os traballadores os causantes deste desastre que nos desfai. O demais, lerias.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_