As restricións en ARCO 08 deixan fóra a tres galerías galegas
Os ventos de cambio que sopran na feira de arte contemporáneo máis importante de España, ARCO, van deixar reducida a dúas galerías a presenza galega na vindeira edición, que terá lugar en febreiro de 2008. SCQ, Marisa Marimón e Bacelos que estiveron na feira madrileña este ano non poderán repetir pola redución do espazo adicado ás galerías españolas no recinto de ARCO 08. Tan só a compostelá Trinta e a viguesa Ad Hoc teñen garantida a súa presenza na feira o vindeiro ano.
As consecuencias poden ser moi graves, non tanto polo volume de negocio que supón para as galerías que non poderán asistir como polo prestixio que supón asistir á feira. "ARCO é moi importante por varias razóns, entre elas que a asistencia á feira é o mellor xeito de presentación para poder fichar a novos artistas para a galería", indica Adolfo Sobrino, de SCQ.
Malia que a súa galería si que foi seleccionada, a directora de Trinta, Asunta Rodríguez, considera "inxusta" a decisión dos responsabeis da feira e advirte que apostar pola internacionalización a costa das galerías españolas pode resultar "nefasto" para o evento madrileño. "O vindeiro ano a feira vai a estar chea de xente moi anoxada e que ten boas razóns para estalo", di. A máxima responsable da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, tamén cre que é "un erro" reducir a presenza de galerias españolas na feira e apunta que as grandes institucións realizan a maior compra do ano en ARCO polo que os espazos galegos de arte poden acusar a ausencia da feira no seu balance.
Porto estima que a posibilidade de poñer en marcha unha feira de arte contemporánea en Galicia sería unha "boa idea", unha opinión na que coincide Adolfo Sobrino aínda que advirte que tería que ser un evento "superprofesionalizado" e que prestase moita atención ao mercado portugués e iberoamericano.
As responsabeis das galerías Trinta e Ad Hoc son máis escépticas ante esta opción. Rodríguez cre que habería que facelo "moi ben" para que unha feira en Galicia poidese funcionar e aposta por arranxar os problemas con ARCO. Inés Ramiro sinala que non hai mercado para un evento destas características en Galicia, que só podería sobrevivir "cun forte apoio institucional". O coleccionista Carlos Rosón tampouco ven moi factible a organización dunha gran feira en Galicia xa que a única posibilidade de espertar o interese dos coleccionistas de fóra da comunidade sería crear un certame "moi especializado".
Aínda queda algunha esperanza de que a dirección de ARCO mude a súa decisión e permita que se incorporen máis galerías pero o tempo se esgota para que haxa máis representación galega na feira.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.