_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Xoana de Arco remite formulario de apostasía

Entre a borralla, rachóns queimados, ósos calcinados e restos da fogueira na praza do Mercado Vello de Rouen, o meu corazón, vermello como o sangue. A vista do corazón intacto puxo medo a Geoffroy Therage, o verdugo. Arrebolou todo ao Sena para o levar a corrente.

Señor Bispo, Arcebispo, Inquisidor Xeral, Secretario do Santo Oficio, Prefecto da Congregación para a Doctrina da Fe, ou Papa de Roma,

Eu, Xoana de Arco, dita Jehannette, Xoaniña, ou tamén a doncela, ante vostede comparezo á fin de manifestar a miña vontade, libre e querida:

Primeiro: non ser zoinamoina nin inxenua, senón unha muller rebelde e díscola.

Segundo: no intre de ser queimada aos 19 anos, non ser doncela, pois fun violada polos soldados a quen os inquisidores me entregaron, logo de que con enganos e andrómenas me convencesen de vestir roupas de muller, e me rapasen o cabelo.

Tres fogueiras na praza do Mercado Vello o 30 de maio de 1431. Tres cremacións sucesivas ordenadas polo cardenal de Winchester para non ficaren reliquias do meu corpo. Segundo as testemuñas só o corazón vermello "da cor do sangue".

Terceiro: descoñecer por que me odiaban os inquisidores, por que o bispo Cauchon amañou un xuízo sen probas, por que argallou con Bedford o pagamento ao de Borgoña dun rescate de dez mil libras tornesas coa fin de entregarme á Igrexa.

Cuarto: ser a principal acusación contra min vestir roupas de home, considerado polos inquisidores (que visten, coma vós, saias de muller) cousa abominable a Deus, reprobada e prohibida por toda lei.

Son Xoaniña, sempre en vermello, confírmao a miña amiga Isabellette d'Épinal. Capturada en Compiègne pola traizón do arcebispo de Reims, Régnault de Chartres. Identificáronme polo tabardo vermello. E o corazón vermello ao Sena. Para a corrente o ocultar da vista como a miña violación, como a miña memoria.

Quinto: os clérigos declararon durante o proceso de rehabilitación, 25 anos despois, prestaren á súa colaboración á farsa do meu xuízo por medo aos ingleses. Por que ían ser eles máis covardes que unha rapaza de 19 anos?

Sexto: fun canonizada en 1920 mais non porque quixésedes reparar os agravios contra min cometidos, senón para utilizar o meu nome contra os franceses laicos e republicanos.

Sétimo: se eu vivise, ¿seríame permitido predicar, consagrar o pan e o viño ou dispensar os sacramentos?

Eu, Xoana, enfronteime aos xuíces como a iguais, reprocheilles a súa actitude. A miña aparición, na muralla de Órleans, puxo aos ingleses en fuga. Era ese poder o que atemorizou aos inquisidores? Foi esa a razón de me queimar viva? Mais non puideron co corazón vermello.

En virtude do manifestado, solicito:

Primeiro: serme restituída a condición de herexe e relapsa.

Es, por segunda vez, unha herexe reincidente, como un can que ten o costume de voltar ao seu vómito, declarou o arcebispo Cauchon.

Segundo: ser borrado o meu nome da lista do santoral, como foi o das miñas voces conselleiras, Catarina de Alexandría e Margarita de Antioquía.

Terceiro: proceder sen dilación a considerarme apóstata desta Igrexa.

A última novela de Marilar Aleixandre é A cabeza da Medusa (Xerais, 2008)

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_